Así é Ninja Simulator, o título de sixilo que chegará a Steam

Así é Ninja Simulator, o título de sixilo que chegará a Steam

Se Ghost of Tsushima é a aposta de Sucker Punch no terreo dos xogos de ninjas, RockGame está a traballar nunha propia de seu para PC. Ninja Simulator é o nome do xogo no que poderemos entrar na pel destes personaxes lendarios, camuflarnos entre a escuridade e avanzar a base de técnicas sixilosas.

Durante as misións de infiltración teremos que acabar con numerosos grupos inimigos para fortalecer a presenza do noso clan e así cambiar o rumbo da historia. Shurikens, katanas e o resto de armas típicas do gremio das sombras estarán á nosa disposición para completar cada nivel. Sen unha data de lanzamento concreta, o xogo chegará a Steam e aquí tedes un tráiler co que comprobar que é o que agarda en Ninja Simulator.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados