Así é Silvermane, o novo personaxe de Godfall

Así é Silvermane, o novo personaxe de Godfall

Malia que PlayStation pospuxo o seu evento de presentación de títulos para PS5, un dos candidatos para ser amosado continúa achegando novidades. Godfall é o nome do xogo para nova xeración no que están a traballar tanto Counterplay Games como Gearbox e que os seus responsábeis definen como un loot-slasher. Agora, grazas a un breve tráiler compartido desde as canles oficiais do xogo puidemos coñecer a un novo personaxe chamado Silvermane.

A descrición desta nova incorporación reza así: «Cada armadura valoriana representa a un deus. A través da tempestade e de batallas cruentas, o seu poder será teu. Ascende con Silvermane, corazón de león!». Pouco máis puidemos coñecer tanto do personaxe como do xogo, que mantén o seu rumbo para PS5 e PC na Epic Games Store.

Sen data de lanzamento oficial, podemos gozar das espectaculares imaxes do resto de heroes até a súa chegada.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados