Así é SteamDolls: Order of Chaos, o metroidvania que chegará no 2021

Así é SteamDolls: Order of Chaos, o metroidvania que chegará no 2021

Con inspiracións tan aplaudidas na industria dos videoxogos como Hollow Knight, Dead Cells, Castlevania ou Bloodborne, a proposta de The Shady Gentlemen promete bastante. SteamDolls: Order of Chaos trátase dun metroidvania con moitas doses de brutalidade e escuridade que ten prevista a súa chegada a PS4, Xbox One, Nintendo Switch e PC no 2021. Todo iso se a campaña de Kickstarter que o estudio ten plantexada poñer en marcha termina en éxito.

Acción, exploración, sixilo e, máis que nada, moito sangue serán os elementos principais que atoparemos no título. Teremos que encarnar o rol de The Whisper, un astuto ladrón e anarquista que terá que descubrir a verdade detrás dunha conspiración que podería sacudir os cimentos de todo o seu mundo. O noso protagonista contará cunha voz distinguida e recoñecida entre a comunidade. David Hayter, a persoa que lle presta a voz a Solid Snake, será o encargado de interpretar os diálogos.

Se queredes probar as bondades de SteamDolls: Order of Chaos existe unha demo dispoñíbel para PC que podedes descargar en Steam.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados