Así é The Oriental Exorcist, o novo de Wildfire Game

O folclore asiático volve as nosas pantallas. The Oriental Exorcist, o novo xogo de estudio chinés Wildfire Game, vén de presentar un trailer onde amosa o seu aspecto. En colaboración coa editora Bilibili, o título ten prevista a súa publicación en 2020, para PlayStation 4 e PC, vía Steam.
Os propios responsábeis do desenvolvemento describen de esta maneira o xogo na súa páxina de Steam:
«The Oriental Exorcist é un incrible xogo action-RPG 2-D de scroll lateral, baseado nun mundo oriental ficticio invadido por monstros demoníacos. Xoga como un habilidoso exorcista para atopar o teu propio camiño neste mundo cheo de barbarie(…)»
Cunha estética impresionante e un sistema de combate que lembra poderosamente á saga Dark Souls, preséntase como unha obra a ter en conta cara ao ano que ven. Recorda tamén que chegará tanto en inglés como en chino simplificado, xa que non contará con textos ao castelán.