Actualidade Así loce Nemesis no novo adianto de Resident Evil 3

Así loce Nemesis no novo adianto de Resident Evil 3

Confirmado. Nemesis será un inimigo terríbel. O novo adianto de Resident Evil 3 amosa por fin o monstro mutante en acción e o seu aspecto é brutal.

Jill terá que recorrer unha Raccon City arrasada cunha besta temíbel detrás dos seus pasos, capaz de aparecer en calquera momento. Amais da súa forza bruta, a criatura de Umbrella tamén disporá dun lanza lapas co que desatar un inferno dentro do escenario. Se xa había fame desta revisión, a expectación agora está polas nubes.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.