Actualidade Así son os micropagos que incluirá Anthem

Así son os micropagos que incluirá Anthem

Sempre no ollo da polémica, os micropagos ou microtransaccións son, xeralmente, un motivo para estar alerta ante o lanzamento dun novo título. A súa existencia non ten por que ser un problema que lastre a xogabilidade dun videoxogo, aínda que se a súa implementación é mala pode derivar en auténticos desastres á hora de equilibrar o seu sistema de diversión.

O novo de EA e BioWare, Anthem, será un título RPG de acción que incluirá micropagos, un xénero no que tanto subir nivel como ter acceso máis veloz a certo tipo de obxectos pode lastrar o sistema de progresión do usuario en comparación con outros xogadores. Mark Darrah, produtor executivo do xogo, confirmou que estas compras dentro de Anthem non servirán para obter ningún tipo de vantaxe nese sentido. Tampouco haberá caixas de botín de ningunha clase.

A próxima licenza de BioWare incluirá un tipo de moeda premium dentro do xogo coñecida como Shards, que convivirá con outra moeda virtual, o Coin. Ambas divisas poderán usarse para comprar artigos cosméticos.

Este tipo de vestimentas ou cambios estéticos fan referencia a diferentes tipos de armaduras ou deseños alternativos. Tamén se poderán comprar diferentes emotes para ampliar a comunicación cos compañeiros de misión. Na práctica, ningún destes elementos outorgará unha vantaxe real sobre o terreo.

Otro caso diferente sería la inclusión de posibles contenidos descargables como nuevas clases de Javelin, de trajes robotizados. Aunque no existen (o no se han públicos) planes más concretos sobre este punto, BioWare explica que estos DLC sí podría costar dinero real en un futuro a medio o largo plazo.

Outro caso diferente sería a inclusión de posibles contidos descargables como novas clases de Javelin, de traxes robotizados. Aínda que non existen (ou non se fixeron ainda públicos) plans máis concretos sobre este punto, BioWare explica que estes DLC si poderían custar diñeiro real nun futuro a medio ou longo prazo.

Non se descartas a aparición de novos tipos de Javelin nun futuro.

Seis modos de dificultade

En Anthem, os xogadores terán a posibilidade de realizar as súas misións en seis modos de dificultade diferentes: Fácil, Medio, Difícil e, ademais, tres niveles a maiores Gran Mestre.

A medida que o usuario avanza no título e eleva o nivel de esixencia, tamén aumentan as posibilidades de atopar armas e obxectos máis raros. Os inimigos serán máis numerosos e poderosos, pero a recompensa será maior. O comido polo servido.

Unha vez temos o nivel 30, podemos acceder aos modos de dificultade Gran Mestre, con tres rangos diferentes. Aquí as posibilidades de obter armamento e equipamento de luxo dispáranse, pero tamén aumentará a saúde e o dano dos inimigos nun 3.100 %. Quen dixo medo?

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.