Actualidade Assassin’s Creed Odyssey indica os seus requisitos para PC

Assassin’s Creed Odyssey indica os seus requisitos para PC

Se lle tes o ollo botado á próxima entrega de Assassin’s Creed, aquí van os requisitos mínimos que sinala a propia Ubisoft para poder xogar con normalidade ao seu novo título. Tamén están expostos os recomendados para unha experiencia notable e os necesarios para gozar dunha resolución 4k (todo isto se a túa plataforma é un PC, claro está).

Odyssey chegará o 5 de outubro e nun principio seguirá a senda aberta por Origins, pero cambiando Exipto pola antiga Grecia. Tras un considerable baixón de calidade nos últimos xogos da franquicia, Ubisoft soubo encaixar as pezas e renovar tanto a xogabilidade coma a experiencia que é mergullarse nun Asassin’s Creed.

É importante engadir que igual que pasou con Origins, a versión que chegará a PC non será un port directo de consolas, senón unha versión deseñada en exclusiva para ordenadores dende a subsidiaria de Ubisoft en Kiev. Sen máis, aquí quedan as especificacións:

Requisitos mínimos (bajo, 720p, 30fps)

SO: Windows 7 SP1 / Windows 8.1 / Windows 10 (64 bit)

CPU: AMD FX 6300 @ 3.8 GHz / Intel Core i5 2400 @ 3.1 GHz / Ryzen 3 – 1200

GPU: AMD Radeon R9 285 (2GB VRAM y Shader Model 5.0) / NVIDIA GeForce GTX 660

RAM: 8 GB

Disco duro: 46 GB

DirectX: DirectX June 2010 Redistributable

Son: Tarxeta compatible con DirectX 9.0c cos últimos controladores
_____

Requisitos recomendados (alto, 1080p, 30fps)

SO: Windows 7 SP1 / Windows 8.1 / Windows 10 (64 bit)

CPU: AMD FX-8350 @ 4.0 GHz / Intel Core i7-3770 @ 3.5 GHz / Ryzen 5 – 1400

GPU: AMD Radeon R9 290X (4GB VRAM y Shader Model 5.0) / NVIDIA GeForce GTX 970 (4GB)

RAM: 8 GB

Disco duro: 46 GB

DirectX: DirectX June 2010 Redistributable

Son: Tarxeta compatible con DirectX 9.0c cos últimos controladores
_____

Requisitos recomendados (alto, 4K, 30fps)

SO: Windows 10 (64 bit)

CPU: AMD Ryzen 1700X @ 3.8 GHz / Intel Core i7 7700 @ 4.2 GHz

GPU: AMD Vega 64 / NVIDIA GeForce GTX 1080 (8GB VRAM y 5.0)

RAM: 16 GB

Disco duro: 46 GB

DirectX: DirectX June 2010 Redistributable

Son: Tarxeta compatible con DirectX 9.0c cos últimos controladores

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *