Actualidade Assassin’s Creed Valhalla debulla os seus plans con todo o contido que recibirá até finais de ano

Assassin’s Creed Valhalla debulla os seus plans con todo o contido que recibirá até finais de ano

Nos próximos días, Assassin’s Creed Valhalla celebrará o seu primeiro aniversario. O título de Ubisoft foi recibindo ao longo destes meses diversas actualizacións, amais dun par de expansións… e máis que recibirá antes de que remate o ano.

Os responsables da última obra da saga de asasinos confirmaron que habilitarán unha serie de eventos gratuítos xunto con outra serie de novidades que comezarán a saír a partir desta mesma semana. De feito, este martes, 9 de novembro, poderemos descargar a actualización 1.4.0, ao que se sumará o evento Tombas dos Caídos.

A maiores desta nova actualización e evento, do 11 de novembro ao 2 de decembro, tamén esta previsto que comence outro evento de balde, de duración limitada, que nos levará ata o Festival de Oskoreia. Segundo os plans trazados por Ubisoft, en decembro lanzarán a actualización 1.4.1, malia que non hai un día concreto para a súa chegada.

Por último, lembra que desde hai uns cuantos días pode ser descargado gratis o Discovery Tour se tes unha copia do xogo, ou ben podes adquirilo por separado na súa versión de PC. En consolas está previsto que chegue a principios de 2022, no mesmo formato.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.