Actualidade Atomic Heart anuncia que recibirá versións para PS5 e Xbox Series X cun novo tráiler

Atomic Heart anuncia que recibirá versións para PS5 e Xbox Series X cun novo tráiler

Un dos títulos máis interesantes de cara aos vindeiros lanzamentos é Atomic Heart. O xogo de Mundfish sustenta o seu principal atractivo nunha ambientación impresionante, nun futuro alternativo no que a Unión Soviética adiantou a Estados Unidos no terreo tecnolóxico, creando internet, robots e hologramas de xeito anticipado.

Agora, o estudio anunciou que o xogo recibirá tamén versións para as consolas de nova xeración. Os usuarios de PS5 e Xbox Series X poderán gozar do xogo de acción en primeira persoa que contará con mecánicas de RPG, similares ás vistas na franquía de BioShock.

Aproveitando a ocasión, publicouse un novo tráiler do xogo. Nel móstrase o escenario VDNKH, un combate contra un xefe e fai acto de presenza a banda sonora de Mick Gordon, o cal realizou outros traballos para xogos como Doom ou Prey.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.