Actualidade Babylon’s Fall, de Platinum Games, adiantará novidades antes de rematar o ano

Babylon’s Fall, de Platinum Games, adiantará novidades antes de rematar o ano

Presentado no E3 do ano 2018, Babylon’s Fall é un proxecto conxunto entre Platinum Games e Square Enix, aínda que moi pouca información soltaron sobre el ambas as dúas compañías desde aquel día. Semella que queren remediar este asunto. Yosuke Saito, produtor do título, prometeu que antes de que remate o ano haberá novidades.

O produtor xaponés confirmou este feito na publicación local Automaton, información logo traducida ao inglés por Gematsu. Até hoxe, só existe un adianto cinemático no que se amosa un mundo de ambientación medieval e maxia. É posíbel que o escenario escollido para mostrar novos detalles sobre Babylon’s Fall sexa a cerimonia dos Game Awards 2019 que se celebrará en decembro, aínda que esta semana presentanrase os nomeados.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *