Bandai anuncia Dragon Ball: The Breakers, un multixogador asimétrico 7v1

Non todo está inventado, desde logo, e así o demostra Bandai Namco. A editora anunuciou esta semana o multixogador en liña asimétrico 7 vs 1 Dragon Ball: The Breakers.
Trátase dun novo título que enfronta a sete sobreviventes contra un inimigo que non deixará de evolucionar. Xa están confirmadas as aparicións de Célula, Boo e Freezer. Os sobreviventes poderán usar diferentes armas e habilidades para se defender dos lendarios rivais de Son Goku, aínda que non será nada doado non acabar morto ou absorbido.
A compañía xaponesa sinalou que pronto será celebrada unha beta pechada, pero non deu máis pistas nin detalles respecto disto. Iso si, si hai xanela de lanzamento e plataformas: o ano que vén para PC, PlayStation, Switch e Xbox.