Bandai Namco anuncia un novo xogo do mítico personaxe amarelo, Pac-Man Museum+

Ben, non é exactamente un xogo, pois é unha recompilación bastante interesante dalgúns dos títulos que foron vendo a luz entre o ano 1980 e 2015 co mítico personaxe amarelo como protagonista. Iso é Pac-Man Museum+, unha forma de revisar e xogar a historia da bóla amarela e ver a súa evolución en primeira persoa.
A colección é a sucesora do Pac-Man Museum de 2014, e aumenta a cifra de títulos de 10 a 14.
Entre as novidades que aporta é a presenza de xogos como Pac-Man 256, mais tamén dalgunha rareza como Pac-Motos, do 2007. Sexa como for, a recompilación sairá a principios do 2022 para PC, Switch, PS4 e Xbox One.
A continuación tes a listaxe de obras que inclúe Pac-Man Museum+:
- Pac-Man (1980)
- Super Pac-Man (1982)
- Pac & Pal (1983)
- Pac-Land (1984)
- Pac-Mania (1987)
- Pac-Attack (1993)
- Pac-In-Time (1995)
- Pac-Man Arrangement (1996)
- Pac-Man Arrangement (PSP, 2005)
- Pac-Man Championship Edition (2007)
- Pac-Motos (2007)
- Pac’N Roll Remix (2007)
- Pac-Man Battle Royale (2011)
- Pac-Man 256 (2015)