Actualidade Banjo-Kazooie chegará a Nintendo Switch el 21 de enero

Banjo-Kazooie chegará a Nintendo Switch el 21 de enero

Nintendo anunciou que Banjo-Kazooie, o mítico plataformas de Rare, chegará a Nintendo Switch o vindeiro 21 de xaneiro. Nun par de días, vaia.

O xogo estará dispoñíbel dentro do catálogo de títulos de Nintendo 64 ao que poden acceder os subscritores do Paquete de expansión de Nintendo Switch Online. Será o segundo xogo que se inclúe nesta expansión e que pode ser mercada de xeito anual xunto co servizo Nintendo Switch Online por un prezo de 39,99 euros. O anterior título foi PaperMario, e malia non sabermos cando chegará o seguinte, si foi comentado que obras como Majora’s Mask acabarán aterrando neste servizo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.