Actualidade Baptiste, o heroe número trinta de Overwatch

Baptiste, o heroe número trinta de Overwatch

Jean- Baptiste Agustin, ou simplemente Baptiste, exmembro da organización Talon, será o trixésimo heroe creado por Blizzard para Overwatch. A compañía estadounidense acaba de facer público a súa chegada. Está dispoñible para a súa escolla proximamente.

Trátase dun novo personaxe de carácter curativo, tal e como se foi anunciando nos últimos tempos. Baptiste é un médico de combate capaz de repartir menciñas e granadas a partes iguais. O seu pasado atópase fortemente marcado polo horror e as consecuencias da batalla, ao morrer os seus pais durante as Guerras Ómnicas, que no lore do videoxogo levaron por diante máis de trinta millóns de vidas.

O hero shooter de Blizzard acada con este heroe a cifra dos trinta personaxes dispoñibles á hora de afrontar as partidas. No seu lanzamento, o persoal de heroes era de vinte e un, divididos en catro categorías (ofensivos, defensivos, tanques e apoio). Algúns heroes como Tracer, Bastion ou Reaper forman xa parte da cultura popular dos videoxogos.

O pasado de Baptiste está marcado pola guerra e as súas consecuencias sobre a poboación civil.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.