Bethesda anuncia un xogo de Indiana Jones desenvolto por MachineGames

Bethesda anuncia un xogo de Indiana Jones desenvolto por MachineGames

Lendario personaxe da sétima arte, Indiana Jones, quere levar o seu látigo e o seu somrebreiro ao mundo dos videoxogos. Non é, por suposto, a primeira vez que o fai, mais habería que ir até o ano 2011, intre no que ve a luz LEGO Indiana Jones 2: The Adventure Continues, o último título sobre o arqueólogo.

Sexa como for, MachineGames, desrnvolvedores dos últimos Wolfenstein, son os encargados de crear e dar forma a esta nova aventura do doutor Jones. Farano baixo o paraugas, aberto hai escasas horas, de Lucasfilm Games.

Nunha segunda mensaxe da compañía, propiedade de Microsoft desde o pasado mes de setembro, confirmou que se tratará dunha historia orixinal e que Todd Howard será o produtor executivo do título. Iso si, aseguran que non haberá máis detalles até dentro dun tempo. Paciencia e boa letra.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.