Blacksad: Under the Skin amosa a súa dobraxe e anuncia novas datas

Blacksad:Under the Skin continúa o seu desenvolvemento e tócalle a Meridiem Games mostrar un novo gameplay de 25 minutos coa localización ao castelán. Vinte e cinco minutos onde a adaptación da coñecida serie de historietas española loce particularmente ben.
Doutra banda, tamén foron reprogramadas algunhas datas con referencia ao lanzamento. A obra chegará unha semana e media máis tarde do previsto, o 14 de novembro, a PC, PlaySation 4 e Xbox One; namentres que en Switch só tardará catorce días máis en aterrar, o 28 de novembro.