Actualidade Blacksad: Under the Skin, xa dispoñíbel por error en PS4 e Xbox One

Blacksad: Under the Skin, xa dispoñíbel por error en PS4 e Xbox One

O seu lanzamento estaba previsto para o 14 de novembro, pero o xogo de Pendulo Studios xa está dispoñíbel en PlayStation Store e Xbox Market. Trátase dun erro que a editora do xogo, Microids, anunciou nun comunicado no que aconsella non xogar aínda ao título e agardar ao día de saída oficial para poder descargar o parche de lanzamento.

«Cremos que é esencial para que poidades experimentar o xogo tal e como foi ideado polo súa desenvolvedora, Pendulo Studios. O parche chegará nos próximos días e incorpora melloras de framerate e solucións para bugs e problemas importantes, como a ausencia de música», explícase no comunicado que podes ler completo a continuación.

Estas son os elementos que se puirán o día de lanzamento co parche Day One:

  • Bugs importantes
  • A optimización do rendemento, amais de mellorar os tempos de carga e a calidade das texturas
  • Os fotogramas por segundo
  • Problemas co son e engadido de música ambiental
  • As animacións de algúns personaxes personaxes e a sincronización labial

A actualización estará dispoñíbel o 14 de novembro nas máquinas de Sony e Microsoft, coincidindo coa saída da versión física e o lanzamento do xogo en PC (Steam). En Nintendo Switch, o xogo chegará á eShop o 28 deste mes.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *