Actualidade Blair Witch, DMC5 e Kingdom Come: Deliverance aterran en Xbox Game Pass este agosto

Blair Witch, DMC5 e Kingdom Come: Deliverance aterran en Xbox Game Pass este agosto

Aproveitando o escenario da Gamescom 2019 e o evento Inside Xbox, Microsoft quixo sacar un sorriso aos seus usuarios facendo pública a listase de novos xogos que chegarán ao Xbox Game Pass este mes de agosto. Trátase dunha recua de obras máis que tentadora, que combina un do mellores lanzamento deste ano, como é Devil May Cry 5, con algún xogo aínda por chegar, como é o caso de Blair Witch.

A continuación, podes consultar a lista dos títulos que se suman ao servizo verde que, a día de hoxe, preséntase como unha das mellores opcións deste tipo de subscricións dentro do mundo dos videoxogos.

  • Devil May Cry 5 (Xbox One) – 19 de agosto
  • Stellaris: Console Edition (Xbox One) – 19 de agosto
  • Age of Empires: Definitive Edition (PC) – 19 de agosto
  • Ape Out (PC) – 22 de agosto
  • Kingdom Come: Deliverance (PC e Xbox One) – 22 de agosto
  • Bard’s Tale IV: Director’s Cut (PC e Xbox One) – 27 de agosto
  • Blair Witch (PC e Xbox One) – 30 de agosto

Paga a pena non esquecer os que xa saíron a semana pasada: Life is Strange 2 Episodio 3 e  Yoku’s Island Express. Por certo, Blair Witch tamén estreou novo vídeo…

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *