Actualidade Blair Witch quere que tremas co seu novo adianto

Blair Witch quere que tremas co seu novo adianto

Tan só falta un mes para que Blair Witch, a aventura de terror creada polos autores de Layers of Fear e baseada na coñecida película de 1999, vexa a luz. Ora ben, pode que coa súa chegada debamos apagar as lámpadas das nosas casas, para gozar completamente da súa proposta.

No novo vídeo publicado por Bloober Team, descubrimos  algunhas das mecánica que o xogo incluirá e que demostran a vixencia do terror a través da cámara en primeira persoa. De entre elas, destaca a posibilidade de poder dar ordes ao noso acompañante canino, que poderá achar pistas e obxectos de valor polo escenario.

Hai tan só uns días, os seus responsables confirmaban que si haberá combates en Blair Witch, o que podería aproximalo a outros éxitos actuais como Resident Evil VII na súa proposta xogable. O título chegará o 30 de agosto para PC e Xbox One.

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *