Blasphemous reaparece cun novo adianto e fixa a súa saída para este ano

Blasphemous reaparece cun novo adianto e fixa a súa saída para este ano

Aos poucos, The Game Kitchen continúa dando forma a Blasphemous, ese título independente de orixe sevillana, agardado con ansia pola comunidade de xogadores. Blasphemous é un videoxogo de plataformas 2D de acción e exploración, cuxo arte vive a través do pixel-art e sitúase a medio camiño entre un mundo de pesadelo e de fantasía, con claras referencias á iconografía e tradición andaluza.

A través dun novo adianto, o estudio sevillano asegura que o seu compromiso de lanzar o videoxogo este ano 2019, coa editora Team17, é forte. Chegará a PC, PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch.

Con máis de 9.869 patrocinadores e 333.246 euros recadados en  Kickstarter, o título de The Game Kitchen é un dos proxectos máis exitosos da historia da península dentro desta plataforma de financiamento colectivo.

Sen dúbida, visualmente Blasphemous sufriu un cambio máis que positivo ao longo destes últimos meses de duro traballo e álzase como ese plataformas de acción clásica en 2D, pero con influencias evidentes da saga Souls a través da súa relación coa morte e a resurrección. A dificultade está servida. Nesta aventura controlaremos ao único sobrevivente da irmandade do Queixume Mudo, tendo que explorar un mundo tan hostil como son as terras de Cvstodia, abatidas e sen rastro de vida.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados