
Blasphemous supera o millón de copias vendidas
Obra creada polo estudo sevillano The Game Kitchen, Blasphemous alcanzou no seu ano e medio de vida a cifra do millón de copias vendidas. Todo un fito para unha produción peninsular. O metroidvania andaluz toma referencias do folclore local e mestúrao co catolicismo, xerando un mundo único e perverso coñecido como Cvstodia.
O anuncio do millón de copias chega despois de publicar un curioso crossover con Bloodstained: Ritual of the Night, o pasado 18 de febreiro. Tamén está estes días dispoñible con Prime Gaming, polo que se es membro deste servizo de Amazon poderás xogalo gratis.
Blasphemous súmase así á lista de obras españolas que lograron un éxito sen paliativos. DeVuego, a base de datos máis importante sobre a industria do videoxogo en España, lembrou que no últimos tres anos houbo dous xogos máis que confirmaron esta fazaña: Gris e Moonlighter. Non significa que fosen os únicos, pero non hai cifras oficiais de vendas, por exemplo, de They Are Billions (outro enorme éxito).