Blasphemous xa ten data de lanzamento: o 10 de setembro

Blasphemous, o xogo creado polo estudio sevillano The Game Kitchen, anunciou este luns a súa data de lanzamento durante o Nintendo Indie World. A estética abraiante desta obra en 2D non pasou inadvertida nos círculos dos amantes dos títulos independentes, situándose como un deses videoxogos que prometen ser únicos.
Aínda que durante a retransmisión situouse a súa saída o 26 de setembro, a conta oficial do xogo explicou que será un pouco antes, o día 10 do mesmo mes.
Tamén estará dispoñible para Xbox One, PS4 e PC. Terá un prezo de 24.99 euros nas tendas dixitais.
Your suffering will be legendary.#Blasphemous is unleashed September 10th on Steam, #PS4, Xbox One and #NintendoSwitch!
Let The Miracle wash over you: https://t.co/IomdbUYjr5 pic.twitter.com/cETTh3DzEv
— Blasphemous (@BlasphemousGame) August 19, 2019