Blizzard Entertainment compra Proletariat, creadores de Spellbreak
Según informa Venturebeat, Blizzard Entertainment acaba de adquirir o estudio detrás do battle royale Spellbreak, Proletariat. Así, seguindo a información, os 100 traballadores desta compañía con sede en Boston pasarían agora a traballar en World of Warcraft, máis en concreto na expansión Dragonflight.
Non é un movemento novo dentro de Blizzard, que xa hai un tempo mercara Vicarious Visions para axudar na preparación de Diablo 2: Resurrected.
A nova chega —casualidades da vida— tan só un día despois de que Proletariat anuncie a súa intención de pechar os servidores de Spellbreak no ano 2023, cinco anos despois do seu lanzamento. Sen ser un fenómeno ou un éxito absoluto, o certo é que millóns de xogadores pasaron por este título. «A nosa visión era crear un xogo de acción e feitizo fresco e multixogador cun movemento excepcional e unha personalización de clase que lle dese aos xogadores a oportunidade de dar renda solta ao seu mago de batalla interior», reza a mensaxe publicada polo estudio, onde tamén agradecen o seu apoio á toda a comunidade.
Doutra banda, cómpre lembrar que a expansión Dragonflight ten prevista a súa chegada nalgún intre deste ano.