Actualidade Blizzard ofrece o reembolso para Warcraft 3: Reforged

Blizzard ofrece o reembolso para Warcraft 3: Reforged

O lanzamento de Warcraft 3: Reforged está a ser un auténtico pesadelo para Blizzard. A compañía acabou por ofrecer o reembolso automático aos xogadores que se sentan decepcionados coa nova versión do clásico.

Non se fixo un anuncio oficial como tal, pero esta xestión xa está aberta na plataforma Battle.net. As críticas negativas que a comunidade realizou sobre o xogo ao longo destes días foron non só numerosas, senón tamén clamorosas. Hai erros técnicos, ausencia de funcións sociais, o apartado visual está lonxe do que se mostrou nos adiantos… Unha decepción en toda regra.

A día de hoxe, e como simple anécdota, está en posesión da nota máis baixa vista nunca nun videoxogo dentro de Metacritic: un 0,5 sobre 10. 

O reembolso realízase sen importar o tempo xogado, segundo informan no subreddit oficial. Non puidemos comprobalo, pero varios usuarios con diferentes horas xogadas así o sinalan.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.