Bloodstained: Ritual of the Night recibirá unha adaptación para dispositivos móbiles
O último regreso dos clásicos metroidvania chegará finalmente a dispositivos móbiles. Bloostained: Ritual of the Night terá unha adaptación de ArtPlay e NetEase para iOS e Android coa que gozar onde queiras da obra do mestre Koji Igarashi.
Manterase a xogabilidade, deseño e funcións que fixeron triunfar ás versións de consolas, todo iso sen comprometer a calidade tanto visual como xogábel do título. Ademais, incluiranse diferentes opcións e algunhas melloras coas que adaptar a experiencia para esa plataforma, como a remodelación da interface.
Adaptouse Bloodstained: Ritual of the Night a móbiles como o manexo das armas e a execución dos combos, pensando naqueles usuarios que non utilicen un mando. Alén disto, esta versión terá todos os DLC publicados até o de agora e de forma gratuíta. Dispoñíbel en todo o mundo, NetEase non confirmou a data de lanzamento aínda.