Blue Box revela a hora na que amosarán o primeiro adianto de Abandoned

Rematará hoxe o misterio? Blue Box Game Studios leva meses mareando o peixe, sumando teorías, opinións e polémicas. É posíbel que esta tarde coñezamos ‘a verdade’.
O futuro exclusivo de PlayStation 5 ten previsto este 10 de agosto amosar o seu primeiro adianto. Será ás 21 horas, cando a aplicación de PS5 mostrará o seu contido.
The Realtime Experience patch will be available universally on August 10th. Timezone difference does not affect this.
Available: 21:00 CET.
— BLUE BOX Game Studios (@BBGameStudios) August 9, 2021
Aqueles que teñades un PS5 teredes que descargar a aplicación a través da PlayStation Store. Desta forma, teredes dispoñíbel Realtime Experience, a app na que ver e vivir este adianto.