Actualidade Bluepoint ri ao dar pistas sobre o seu novo proxecto para PS5

Bluepoint ri ao dar pistas sobre o seu novo proxecto para PS5

O estudio que fixo posíbel a exitosa revisión de Shadow of the Colossus non quere despexar as dúbidas sobre cal é o novo proxecto no que está a traballar para PlayStation 5, pero debido á enorme cantidade de rumores que circulan sobre este asunto, publicou un chío no que mestura ideas, nomes e conceptos de diferentes obras.

Metal Gear Solid, Demon’s Souls, Castlevania: Symphony of the Night, Syphon Filter ou o xa citado en varias ocasións The Legend of Dragoon, son algúns dos nomes que poderían saír da súa mensaxe, ilustrado cunha imaxe en relación coa serie de Castlevania de Netflix.

Que non falte o bo humor, nunca.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *