Bonyu, nova personaxe creada por Akira Toriyama, estará en Dragon Ball Z: Kakarot

Bonyu, nova personaxe creada por Akira Toriyama, estará en Dragon Ball Z: Kakarot

Aspecto de Bonyu.

Dentro da Gamescom 2019, Dragon Ball Z: Kakarot é un dos títulos que máis colas está a xerar perante a idea de ser probado. A expectación, desde o seu anuncio, non deixou de medrar nin un segundo. O novo RPG de acción de Cyberconnect 2 está non só convencendo, senón gustando a todos aqueles que lle botan o dente.

Após confirmarse a saga Célula como un dos arcos argumentais que viviremos dentro desta nova homenaxe á saga ideada por Akira Toriyama, Bandai Namco suma un novo anuncio coa primeira aparición das Forzas Especiais Ginyu. Iso si, esta agrupación de loitadores aumentou o seu número de integrantes grazas a Bonyu, unha nova personaxe creada polo propio autor xaponés.

Bonyu será o sexto membro das Forzas Especiais Ginyu e aparecerá nunha das misións secundarias máis importantes do xogo. Malia que non puidemos vela, aínda, en acción dentro do xogo, si se fixo público o seu aspecto e deseño.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados