Actualidade Borderlands 3 chegará o próximo mes de setembro

Borderlands 3 chegará o próximo mes de setembro

Tras a filtración da data de lanzamento esta mesma semana, Gearbox Software e 2K non puideron agardar máis. O 13 de setembro confírmase como o día no que Borderlands 3 verá a luz ao longo e ancho do mundo. Chegará para PS4, Xbox One e PC. Para esta última versión, Epic Games Store contará con exclusividade de venda ata o 2020.

Xunto con esta confirmación para o calendario presentáronse máis detalles en forma de vídeo, imaxes e edicións de compra que se poden reservar dende hoxe. Borderlands 3 configúrase como unha aventura galáctica onde a extravagancia e o humor estarán á orde do día.

Os xogadores poderán escoller un dos catro buscadores da cámara, cada personaxe con poderes únicos e diferentes. Haberá personalización, moito toque RPG e unha constante evolución. Entre os protagonistas atópanse Moze, a artilleira, que dispoñerá do seu oso férreo, unha máquina excepcional; Amase, unha hábil guerreira moi segura de si mesma, coa habilidade de invocar uns puños etéreos; FL4K, cazador, cunhas bestas que obedecen todas as súas ordes; e Zane, especializado en dispositivos de combate que sementan o caos para logo marcharse tranquilamente.

Os xemelgos Calypso serán os principais antagonistas da aventura.

«Durante os últimos anos, o equipo de Gearbox Software estivo dedicando toda a súa paixón, creatividade e amor a facer de Borderlands 3 a aventura máis grande, máis vándala e máis ambiciosa que xamais creamos», explica o director de Gearbox, Randy Pitchford. «Borderlands 3 non só é unha carta de amor para os seareiros da serie, senón tamén un punto de entrada ideal para que novos xogadores penétrense sós ou con amigos, a última e mellor entrega do shooter looter definitivo».

O título permitirá xogar en liña ou coa pantalla partida, polo que non haberá escusa para salvar a galaxia en compañía. Os xemelgos Calypso non o poñerán nada fácil pero haberá que intentalo. O próximo 1 de maio, amosarase o primeiro adianto de acción real dentro do propio xogo e ampliarase a información sobre o argumento, os personaxes e as mecánicas.

Edicións para todos os gustos (e billeteiras)

Borderlands 3 | Edición Estándar (59.99 euros)

  • A Edición Estándar de Borderlands 3 inclúe o xogo completo
  • Contido reserva: abelorio de arma de ouro e skins de armas de ouro

Borderlands 3 | Edición Deluxe (69.95 euros)

  • A Edición Deluxe de Borderlands 3 inclúe o xogo completo e o contido de reserva
  • Pack Cosmético retro: cabeza e skin de buscacámaras, skin de dispositivo ECHO e skin de arma
  • Pack Cosmético de neón: cabeza e skin de buscacámaras, skin de dispositivo ECHO e abelorio
  • Pack Cosmético de Gearbox: skin de arma e abelorio
  • Pack Armas de xoguete: 2 armas de xoguete, modificador de granada de xoguete e abelorio
  • Modificadores de potenciadores de EXP e botín equipables

Borderlands 3 | Edición Súper Deluxe (99,95 euros)

  • A Edición Súper Deluxe de Borderlands 3 inclúe o xogo completo, o contido de reserva e todo o contido da Edición Deluxe
  • Caixa metálica. Unha preciosa caixa metálica coa arte de portada de Borderlands 3 que fará as delicias de calquera coleccionista
  • Pase de tempada: 4 packs de contido descargable con novas historias, misións e desafíos, o skin de arma Semental do Cu, un abelorio de arma e un modificador de selecta
  • Modificadores de potenciadores de EXP e botín equipables

Borderlands 3 | Diamond Loot Chest Edición Coleccionista (pendente)

Esta edición é a máis completa de todas. Contén unha réplica dun cofre de diamante con 10 figuras de personaxes, unha maqueta montable da nave Sanctuary 3 e moito máis.

  • Cofre de loot de diamante: este cofre, que conta cunha tapa retráctil que se pode abrir e pechar. É perfecta para almacenar o teu botín do mundo real
  • 10 figuras dos personaxes de Borderlands 3. Exhibe aos catro buscacámaras novos, aos fanáticos dos siameses Calypso e a algúns dos teus personaxes preferidos do universo de Borderlands! Cunha altura aproximada de 8,9 cm
  • Maqueta para montar de Sanctuary 3: constrúe o teu propio modelo da nave Sanctuary 3 e expono con orgullo
  • 4 chaves de cámara planetaria. Catro chaveiros coas chaves de cámara planetaria, porque nunca sabes cando podes atopar cunha Cámara selada
  • Mapa da galaxia en tea. Descobre novos mundos máis aló de Pandora co mapa das terras fronteirizas de Typhon DeLeon
  • 5 litografías de personaxes. Láminas exclusivas cos buscacámaras novos e os siameses Calypso
  • Edición Súper Deluxe de Borderlands 3, co xogo completo, o Pase de Tempada, o Contido Deluxe adicional e unha preciosa caixa metálica
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.