Actualidade Borderlands 3 é retirado temporalmente da Epic Store

Borderlands 3 é retirado temporalmente da Epic Store

Algunhas editoriais decidiron retirar temporalmente os seus títulos da Epic Games Store. As rebaixas implementadas estes días foron o motivo. A Epic Mega Sale ofrece descontos de ata o 75 % nunha interesante selección de xogos, pero non todas as editoras viron con bos ollos tal asunto, xa que todo xogo por encima dos 14,99 euros tería un desconto de 10 euros, incluíndo os que aínda non viron a luz, como é o caso de Borderlands 3, de 2K Games.

Outras obras apuntáronse á espantada, como  Vampire: The Masquerade – Bloodlines 2 ou Oxygen Not Included. Volverán? Claro, cando rematen as promocións, o próximo 13 de xuño.

«Estamos a traballar estreitamente con Epic e eliminamos temporalmente a prevenda de Borderlands 3. Esperamos poder traer de volta ao xogo pronto», explicaron desde 2K en declaracións a medios como Eurogamer.

As rebaixas inclúen descontos en moitísimos títulos como Ashen, World War Z, Metro Exodus ou Outward.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.