Actualidade Botamos unhas carreiras? Proba xa Forza Horizon 4

Botamos unhas carreiras? Proba xa Forza Horizon 4

Playground Games quere convencer co seu Forza Horizon 4, por iso hoxe permitirá aos xogadores de PC e Xbox One conducir por Gran Bretaña ao longo das catro estacións do ano.

Segundo a páxina da propia Xbox, esta nova entrega de conducción está xa rematada ao cen por cen, e esta demostración gratuita será un adianto perfecto para todo aquel que queira comprobar ao volante as novidades e o rendemento do título.

Está xa dispoñible tamén o DLC de James Bond, coa opción de probar o mellor coche do espía británico. Este pack incluirá dez automóbiles nos que subirse:

  • 1964 Aston Martin DB5 inspirado en Goldfinger (1964), Thunderball(1965), GoldenEye (1995), Skyfall (2012) y Spectre (2015)
  • 1969 Aston Martin DBS de On Her Majesty’s Secret Service (1969)
  • 1974 AMC Hornet X Hatchback de The Man With the Golden Gun(1974)
  • 1977 Lotus Esprit S1 de The Spy Who Loved Me (1977)
  • 1981 Citroën 2CV6 de For Your Eyes Only (1981)
  • 1986 Aston Martin V8 de El mundo nunca es suficiente (1987)
  • 1999 BMW Z8 de El mundo nunca es suficiente (1999)
  • 2008 Aston Martin DBS de Quantum of Solace (2008)
  • 2010 Jaguar C-X75 de Spectre (2015)
  • 2015 Aston Martin DB10 de Spectre (2015)

Forza Horizon 4 sairá oficialmente o 2 de outubro en Xbox One e PC, aínda que os poseedores da Ultimate Edition terán acceso anticipado dende o 28 de setembro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.