Actualidade Breath of the Wild é xa o xogo máis vendido de Zelda no Xapón

Breath of the Wild é xa o xogo máis vendido de Zelda no Xapón

The Legent of Zelda é unha das sagas de videoxogos máis importantes da historia. O seu notable éxito en occidente non ten comparación co fanatismo que existe coas aventuras de Link no Xapón. A nova entrega deste xogo para Nintendo Switch ven de superar a The Ocarina of Time de Nintendo 64 como o xogo da franquicia máis vendido no país asiático.

Este feito histórico enténdese pola excelente aventura creada pola compañía xaponesa, que foi lanzada ao mercado coincidindo co lanzamento de Nintendo Switch. Breath of the Wild acadou xa 1,2 millóns de copias vendidas no Xapón.

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.