Bugha, campión do mundo de Fortnite
Calquera afeccionado a Fornite saberá que esta fin de semana tivo lugar en Queens, Nova York, a Fortnite World Cup, ou o que é o mesmo: o torneo mundial do battle royale máis exitoso da actualidade. O título de mellor xogador do planeta caeu nas mans de Bugha, xogador estadounidense profesional.
O premio para o gañador da modalidade en solitario está dotado con tres millóns de dólares, unha cantidade de cartos máis que respectable e impensábel nos deportes electrónicos non hai moito. O competidor americano demostrou un control incríbel, cun sorriso perpetuo ao longo do tramo final da sexta e última partida. Cen foron os xogadores en disputar estes xogos, pero só un puido levar o máximo galardón. Porén, paga a pena destacar o brutal papel de King, xogador de tan só 13 anos que se fixo coa quinta praza do torneo, o que lle permitirá volver a casa con 900.000 dólares.
A clasificación final quedou tal que así:
- Bugha
- Psalm
- Epikwhale
- Kreo
- King
Os catro primeiros clasificados son estadounidenses, resultando este o país máis laureado dentro da Fortnite World Cup. Se queres revivir toda a serie de partidas, podes facelo no seguinte vídeo.



