Actualidade Call of Duty: Modern Warfare pon data á súa Tempada 3

Call of Duty: Modern Warfare pon data á súa Tempada 3

Armas cargadas e revisadas. A Tempada 3 de Call of Duty: Modern Warfare comezará en dous días, o próximo 8 de abril. Así o quixo confirmar Activision, a través dunha mensaxe nas súas redes sociais. Por desgraza, a compañía americana non detallou as novidades deste novo capítulo, nin desvelou a folla de ruta do mesmo.

A pesar das filtracións destes últimos días, nin Activision nin Infinity Ward quixeron revelar máis detalles sobre a tempada que está por comezar. Doutra banda, tamén chegarán novidades para CoD: Warzone, o battle royale deste universo bélico, que se sumou á guerra por manter  nos seus lindes os usuarios deste xénero xunto con Apex Legends ou Fortnite.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.