Call of the Sea fai oficial a súa chegada a PS4 e PS5 en maio
Após o seu paso como exclusivo temporal dentro da plataforma Xbox, Call of the Sea moverase a novas augas, as de Sony, as de PS4 e PS5. Desenvolto polo estudio madrileño Out of the Blue, trátase dunha aventura en primeira persoa de enorme beleza, na que debemos ir avanzando namentres resolvemos quebracabezas e tentamos atopar o noso marido desaparecido nunha das súas expedicións nos anos 30 do século XX.
Malia que se descoñecen os detalles técnicos, é de supoñer que o xogo se moverá a 60 fps e 4K, igual que nos sistemas de Microsoft. Sacaralle partido ao DualSense ou ao son 3D? Neste intre non hai ningún dato sobre este asunto, igual que tampouco unha data de lanzamento exacta, aínda que si sabemos que aterrará nas tendas en maio e que incluirá algunha que outra novidade respecto ao título orixinal; haberá que ver cales.
We are excited to announce that Call of the Sea is coming to PS4 and PS5 in May 2021! pic.twitter.com/CFhCCu9E6H
— Call of the Sea | Out Now! (@COTSGame) April 13, 2021




