Actualidade Capcom afirma que o novo Monster Hunter sairá sen problemas de stuttering

Capcom afirma que o novo Monster Hunter sairá sen problemas de stuttering

Capcom pide calma, paciencia e, sobre todo, confianza aos seus seguidores. Os problemas de stuttering que experimentou a demo de Monster Hunter Rise non estarán na versión final do título. Así o especificou a compañía a través dun comunicado ofrtecido a Famitsu, no que tamén explican a súa orixe e as medidas tomadas.

Que é o stuttering? Trátase dun termo anglosaxón co que se definen os paróns bruscos momentáneos na taxa de refresco das imaxes dun xogo. É dicir, os tiróns de toda a vida.

Após recibir diversas queixas de xogadores, Capcom explicou e sinalou un dos motivos que leva ao xogo a se  comportasr como non debe. «Se o número de amigos rexistrados na conta dun usuario excede un determinado número, o xogo comeza a sufrir de stutter (isto é un fallo de procesado)», comenta a empresa.

Sexa como for, a versión definitiva parece que non contará con esta problemática. A súa estrea segue fixada para o 26 de marzo. Até o último día do mes actual poderás descargar a demo, cousa recomendable, pois co arquivo de gardado da demo na túa consola, recibirás obxectos de bonificación cos que comezar a túa cacería cun pouco de vantaxe. Serán engadidas ao teu perfil 10 bebidas enerxéticas, 20 megapocións, 5 trampas de escollo, 5 megadrogas demoníacas e outras 5 peles de armadura+.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.