Capcom anuncia a chegada da demo de Resident Evil 3
Racoon City espera a nosa chegada en apenas unhas semanas, así que Capcom vén de anunciar o lanzamento dun pequeno aperitivo. A demo de Resident Evil 3 aterrará o próximo 19 de marzo en PS4, Xbox One e Steam. Teremos ocasión de probar o acoso constante de Némesis nun xogo que aposta máis pola acción que o seu predecesor.
Tamén se anunciou a chegada dunha beta aberta de Resident Evil Resistance para o 27 de marzo, o apartado multixogador asimétrico que chegará acompañando o título principal. Neste modo un grupo de xogadores encarnarán a uns mozos cuxo obxectivo será escapar dunhas instalacións mentres outro xogará como a Mente Mestra, capaz de enviar zombis, colocar trampas e evitar custe o que custe que o grupo logre fuxir.
March 19th, daylight… the Resident Evil 3 Raccoon City demo will overtake PS4, XB1, and Steam.
Plus, an Open Beta for Resident Evil Resistance begins on March 27th! More details:
? https://t.co/eRP47ne5vE pic.twitter.com/qEgzwVlzFs
— Resident Evil (@RE_Games) March 16, 2020