Actualidade Capcom confirma a creación dun DLC para Resident Evil Village

Capcom confirma a creación dun DLC para Resident Evil Village

Capcom aproveitou o E3 para anunciar (ou máis ben confirmar) que xa está a traballar nun DLC para Resident Evil Village. «Por mor da demanda popular comezamos o desenvolvemento dun DLC adicional para Resident Evil Village. Máis información posteriormente», reza a mensaxe que a compañía compartiu co público. Ten certa graza a xustificación, porque era máis que evidente que Capcom tiraría por este camiño vendo o enorme éxito que logrou co seu novo lanzamento.

Non hai máis detalles sobre esta expansión, nin o contexto no que se desenvolverá, e, por suposto, tampouco unha data. Emporiso, a compañía xaponesa si puxo data a Resident Evil RE: Verse, o seu estraño multixogador co que pretende celebrar o 25 aniversario da franquía. Chegará en xullo de xeito gratuíto, para todos aqueles que teñan unha copia do último título lanzado, sexa en consola, sexa en PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.