Actualidade Capcom desvela aos seus plans a curto prazo para Iceborne

Capcom desvela aos seus plans a curto prazo para Iceborne

Capcom vén de facer pública o calendario das próximas actualizacións postlanzamento de contido gratuíto de Monster Hunter World: Iceborne. Ademais, a compañía xaponesa tamén confirmou que as actualizacións de contidos principais para a súa expansión sincronizaranse a partir do mes de abril de 2020. Namentres isto ocorre, os cazadores de consolas e PC poderán celebrar o segundo aniversario do título orixinal con eventos de xogo para todos os usuarios de World e  Iceborne.

Na folla do calendario mostrado, as actualizacións do título para PC comezarán no mes de febreiro. Entre os contidos de blade aparecen monstros desafiantes a conquistar polos usuarios, características ampliadas de xogo, eventos por tempo limitado e moito máis. O eixo central da primeira actualización para PC do próximo 6 de febreiro será o temible Rajang, todo un desafío mesmo para os cazadores máis experimentados. Unha nova rexión volcánica engadirase ás Terras Destino e será accesíbel unha vez que os xogadores comecen o seu encargo especial para loitar contra a nova criatura.

O 12 de marzo, a segunda actualización do título para PC estará protagonizada polo Zinogre Estixio, unha subespecie máis atroz do electrizante Zinogre, que aproveita desta vez o dano elemental do dragón en lugar dos raios.  Unha nova rexión da Tundra ampliará As Terras Destino cunha paisaxe nevada que alberga monstros arrepiantes no seu interior como Barioth e ViperTobi-Kadachi. Como incentivo adicional, os exclusivos materiais especiais da rexión da Tundra poderan ser utilizados para personalizarmos e mellorarmos aínda máis as armas. Os curtidos cazadores de PC poderán tentar o desafiante asedio do Dragón Ancián Safi’ jiiva para obter un arsenal de novas armas e crear poderosas armaduras.

De febreiro a marzo, os usuarios de consolas recibirán novas misións por tempo limitado que aumentarán as posibilidades á hora de se atopar con monstros que outorgarán coroas de ouro, decoracións e grandes Xemas Spiritvein, á vez que maximizarán o seu rango de cazador. Unha posterior actualización principal do título proverá dúas variantes adicionais de monstros para  Iceborne, que estarán dispoñíbeis para xogadores de consolas en marzo e en abril para PC. Este mes marcará o comezo das principais actualizacións de contido para PC e consolas que se lanzarán de forma sincronizada. Novos Monstros Hipercurtidos e versións de Rango Mestre doutros xa existentes estarán dispoñíbeis ao mesmo tempo en todos os sistemas, seguido polo regreso dun monstro favorito dos fans en maio. Máis actualizacións sincronizadas e monstros adicionais aterrarán no mes de xuño e máis alá, cuxos detalles serán desvelardos nos vindeiros meses.

Do 24 de xaneiro ata o 13 de febreiro os xogadores poderán celebrar o segundo aniversario do xogo no cósmico Gran Festival para usuarios de Iceborne, ou o regreso do Festival no Centro de Reunións de Astera dispoñíbel para todos os usuarios. Finais de febreiro marcará a chegada do evento Holiday Joy Fest por tempo limitado para PC, que ofrece a oportunidade de obter novas armaduras, vestimentas, roupa para Poogie e moito máis.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.