Actualidade Capcom elimina DuckTales Remastered das tendas dixitais

Capcom elimina DuckTales Remastered das tendas dixitais

Nin tan sequera o Tío Gilito ten cartos dabondo para evitar a súa desaparición. DuckTales Remastered, a afamada remodelación do clásico do mesmo nome deixará de estar dispoñíbel en plataformas dixitais entre o 9 e o 10 de agosto. Os rumores apuntan a que Capcom non está disposta a facer o desembolso que supón manter a licenza.

Aproveita a oferta e merca un dos grandes clásicos da terceira xeración.

Iso sí, non todo son malas novas. Por mor deste repentino anuncio, o xogo estará rebaixado un 75 % —agás en PlayStation— e quedará a un precio irresistíbel: tan só 3,49 euros. Por suposto, todos aqueles que mercastes o título no seu día, poderedes seguir gozando desta xoia sen ningún problema.

Tamén vos deixamos o horario límite de todas as plataformas para rescatar a familia McPato do olvido:

  • Xbox 360, Xbox One até as 2:00h do 10 de agosto.
  • Wii U até as 2:00h do 10 de agosto.
  • PlayStation 3 até as 17:00h do 9 de agosto.
  • Steam (PC) até as 2:00h do 10 de agosto.
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.