Capcom non confirma a creación de novos contidos para Mega Man 11
Nin que si, nin que non. Capcom aínda non tomou unha decisión definitiva sobre a posibilidade de que a última aventura de Mega Man reciba novos contidos nun futuro.
Kazuhiro Tsuchiya, produtor do xogo, explicou que de momento ninguén dentro do equipo de desenvolvemento pode garantir a chegada de material extra para o xogo. “Por desgraza, non podemos facer promesas nestes momentos”, declarou Tsuchiya, recentemente, ao medio Rockman Corner.
“Gustaríanos que máis xogadores probasen Mega Man 11”, sinalou tamén o produtor, deixando entrever que calquera decisión que se tome no futuro irá da man das vendas que se consigan neste primeiro ciclo do xogo. Quizais non se cumprisen todas as expectativas respecto a este apartado.