Actualidade Capcom non prevé novos contidos para Devil May Cry 5 tras o seu lanzamento

Capcom non prevé novos contidos para Devil May Cry 5 tras o seu lanzamento

El productor Matt Walker ha confirmado a un seguidor que Capcom no tiene previsto editar  ningún tipo de DLC o contenido a mayores del que Devil May Cry 5 incluya de lanzamiento. Tan solo recibirá el modo Palacio Sangriento, a través de una actualización gratuita, poco después de su estreno por falta de tiempo para pulir algunos detalles de este extra.

O produtor Matt Walker confirmou a un seguidor que Capcom non ten previsto editar  ningún tipo de DLC ou contido a maiores do que Devil May Cry 5 inclúa de lanzamento. Tan só recibirá o modo Palacio Sanguento, a través dunha actualización de balde, pouco despois da súa estrea por falta de tempo para puír algúns detalles deste extra.

O twitero preguntou a Walker se cabía a posibilidade de ver algunha expansión dedicada a un personaxe en concreto, pero, en principio, os tiros non irán por aí. Era unha boa cuestión, máis aínda cando DmC e Devil May Cry 4 si contaron con diferentes DLC tras a súa saída ao mercado en forma de armas e cosméticos.

O único contido confirmado tras a saída do 8 de marzo, ese Palacio Sanguento, é un modo xa coñecido para os seguidores da saga. Unha serie de fases por eliminación, na que o xogador vai enfrontando grupos de inimigos cada vez máis difíciles e numerosos.

A quinta entrega numérica de Devil May Cry quere marcar un novo fito dentro da saga, e en dúas semanas chegará para PC, PlayStation 4 e Xbox One. Non haberá paz para os demos.

Devil May Cry 5 sitúa de novo a Dante coma un dos protagonistas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.