Capcom pon data á segunda demo de Resident Evil Village

Capcom pon data á segunda demo de Resident Evil Village

Ollo! O 2 de maio, e só durante 24 horas, estará dispoñible en todas as plataformas que agardan o lanzamento de Resident Evil Village a súa segunda demo. En España lanzarase de madrugada, ás 2 horas. Capcom afirma que poderemos xogar unha hora de xogo e coñecer dous dos seus escenarios, como son o pobo e o castelo da xa famosa Lady Dimitrescu.

Os detalles foron ofrecidos dentro do último RE Showcase, explicando que serán os xogadores os que decidan onde e como investir o seu tempo entre estas dúas localizacións. Iso si, os usuarios de PS4 e PS5 terán un acceso adiantado, exclusivo e limitado á demo que lles permitirá gozar de 30 minutos no pobo, nun adianto que estará dispoñíbel durante 8 horas a partir do domingo 18 de abril ás 19 horas peninsulares españolas, e outros 30 minutos no castelo, noutra demo que será publicada o domingo 25 de abril ás 19 horas.

Doutra banda, alén do lanzamento inminente de Village, o RE Showcase tamén deixou unha serie de anuncios como o relacionado con Resident Evil 4 VR, o Modo Mercenarios de RE8 ou Infinite Darkness, a serie de televisión que chegará máis pronto que tarde a Netflix.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados