Actualidade Capcom xunta en Spotify as BSO dos seus videoxogos

Capcom xunta en Spotify as BSO dos seus videoxogos

Música e videoxogos son dúas expresións culturais que sempre fixeron unha mestura gañadora. As melodías que envolven algúns dos títulos máis lembrados da historia asoman nas nosas cabezas como un referente obvio á hora de situalos. É de agradecer que Capcom decidise dar o paso e ofrecer boa parte das BSO dos seus videoxogos a través da plataforma Spotify.

A través do perfil de artista Capcom Sound Team, a compañía xaponesa subiu as bandas sonoras dos últimos éxitos da compañía, como Street Fighter V ou Mega Man 11. Tamén de varios dos seus clásicos, como o Resident Evil 2 de 1998, Monster Hunter e Alpha 3.

O servizo de Spotify é de balde e permite dende xa o acceso a esta nova ampliación do seu catálogo.

O único problema é que a maioría das cancións e álbums levan os seus títulos orixinais, é dicir, en idioma xaponés, o que obriga ao usuario occidental a tentear un pouco se desexa escoitar un tema en concreto. Algúns discos están bloqueados en certos territorios como Estados Unidos por motivos de dereitos de autor. Nós evitamos tal problema.

Lembra que na propia plataforma verde tamén está a música doutros videoxogos históricos como a saga Final Fantasy, The Elder Scrolls V: Skyrim ou The Legend of Zelda.

Aquí tes a lista de reproducción completa:

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] hai nada publicabamos en Morcego a chegada dun enorme número de bandas sonoras de videoxogo a Spotify grazas a Capcom, hoxe é CD […]