CD Projekt continúa puíndo Cyberpunk 2077 co seu parche 1.06

CD Projekt RED continúa o longo camiño de pulido e correccións que precisa Cyberpunk 2077. O estudio polaco acaba de publicar un novo parche, o 1.06, no que corrixe un dos erros máis perigosos detectados en PC até hoxe, un fallo polo cal podía ser corrompido o arquivo de gardado e perder todo o progreso se este superaba os 8 MB de tamaño. Xa non haberá que preocuparse por tal asunto.
Doutra banda, as notas do parche mencionan tamén melloras de estabilidade e da xestión de memoria nas versións de consolas, o que debería «resultar nun menor número de crasheos». O parche ten un peso de case 17 GB na súa versión de PlayStation 4.
Sexa como for, os arquivos corrompidos serán irrecuperables. CD Projekt RED comenta que o fallo xa non se producirá, pero non poderán ser recuperadas as partidas daqueles usuarios que sufriran os seus efectos. Outro bug de importancia que se soluciona no novo parche é o que acontecía na misión Second Conflict, no que podía non aparecer un NPC e impedía o progreso dentro do título.
Hotfix 1.06 is available on PC and consoles!
Here is the full list of changes: https://t.co/z7vI1cCQri pic.twitter.com/TYFqC7Kv4d
— Cyberpunk 2077 (@CyberpunkGame) December 23, 2020