CD Projekt RED afirma ser vítima do ataque e roubo de datos dun pirata informático
É difícil que pasen un par de semanas sen que CD Projekt RED apareza como un axente da actualidade. A compañía polaca confirmou o a través das súas redes sociais que foi vítima dun pirata informático que logrou roubar diversos datos internos da compañía.
O hacker logrou acceder á rede interna da empresa, descargando todos os datos e encriptando a unidade, para logo pedir un rescate pola súa liberación, aínda que na nota que o mesmo pirata deixou á compañía, supoñía que contarían con copias de seguridade. Agora ben, a súa ameaza céntrase en facer pública a información subtraída.
Important Update pic.twitter.com/PCEuhAJosR
— CD PROJEKT RED (@CDPROJEKTRED) February 9, 2021
Que ten no seu poder o criminal? Dentro dos datos roubados estarían o código fonte de Cyberpunk 2077, The Witcher 3: Wild Hunt, Gwent e unha versión non publicada de The Witcher 3. Tamén tería copias de documentos financeiros, legais, administrativos, de recursos humanos e de relación con investidores.
Non transcendeu a suma de diñeiro que esixe o pirata, que comenta na súa nota a posibilidade de enviarlles a documentación a membros da prensa para danar «aínda máis a vosa merda de reputación, xa que a xente verá as vosas merdas de prácticas».
A compañía explicou que no cederá a este tipo de chantaxes, nin negociará ningún tipo de acordo co criminal. Os seus responsábeis xa están a traballar coas autoridades para dar coa autoría do ataque e o roubo de información.




