CD Projekt volve ser acusada de implementar crunch entre os seus traballadores

Unha vez máis, a polémica que rodea a numerosos estudios de desenvolvemento sobre as condicións de traballo dos seus empregados está de volta. Nesta ocasión repiten os actores de ocasións anteriores; Jason Schreier desvelou en Bloomberg un correo e un testemuño acerca da sobrecarga de traballo que se mantén en CD Projekt para sacar adiante Cyberpunk 2077.
Last year, the bosses of CD Projekt Red approached me for an interview. They wanted to announce that for Cyberpunk 2077, they would be avoiding mandatory crunch.
This week, they sent out an email to staff announcing studio-wide mandatory crunch. News: https://t.co/s4OI5rUiQq
— Jason Schreier (@jasonschreier) September 29, 2020
Tal e como apuntan as fontes do xornalista, Adam Badowski, xefe principal do estudio polaco, enviou un correo informando os membros da desenvolvedora de que as semanas laborais ampliaríanse até os 6 días. «A partir de hoxe, o estudio completo está en sobremarcha», explicou Badowski.
Aínda que estas xornadas extra de traballo están a ser debidamente remuneradas, un empregado revelou a Schreier que esta política leva sendo habitual durante máis dun ano. Badowski recoñeceu que esta situación «vai en contradición directa do que dixemos sobre o crunch», con todo tamén engade que «esgotamos todas as alternativas para navegar por esta situación».
Non é a primeira vez que CD Projekt vese sobrevoando esta problemática. En maio do 2019, o confundador de CD Projekt recoñecía que en proxectos anteriores ao actual si que pecaran de cometer crunch sobre os seus traballadores, pero que querían evitalo nesta ocasión. Posteriormente, en xaneiro deste mesmo ano, responsábeis da compañía aseguraban que os diversos atrasos que sufrira Cyberpunk 2077 servirían para evitar as condicións de explotación laboral.
Bloomberg quedou á espera dunha resposta por parte de CD Projekt sobre esta información que non chegou. O título futurista xa se atopa no proceso de certificación de calidade antes da súa estrea o vindeiro 19 de novembro.