Champions of the Continent, o Octopath Traveler de móbiles, tamén sairá en Occidente

Square Enix confirmou o lanzamento en Occidente de Octopath Traveler: Champions of the Continent, precuela do exitoso Octopath Traveler lanzado no 2018 para Switch —xa na actualidade en PC tamén— e que só estaba dispoñible no Xapón.
A compañía xaponesa ofrecerá máis información a mediados de mes, mais fálase de Europa e Norteamérica como os territorios nos que será editado. Champions of the Continent foi publicado no país do sol nacente a finais de 2020, un par de anos despois do lanzamento de Octopath Traveler.
A nivel visual, é un título que mantén a estética do xogo orixinal, do mesmo xeito que as súas mecánicas, aínda que podemos manexar o dobre de participantes nas batallas, pasando de catro a oito. E, claro, os controis tamén están adaptados para dispositivos móbiles. É free-to-play e, como tal, contén diversos mecanismos para que acabemos por meter algo de cartod durante a nosa aventura para que sexa máis doada e sinxela. Nada é de balde nesta vida.
Champions of the Continent funcionou bastante ben en terras nipoas, por iso haberá que comprobar que tal se move polas nosas. A produción estivo a cargo de Tomoya Asano, implicado no xogo orixinal e que continúa traballando en Triangle Strategy, que parece ser a secuela espiritual do RPG publicado fai catro anos.
OCTOPATH TRAVELER: Champions of the Continent (English ver.) will launch in North America and Europe in 2022!
We'll have more to share in mid-February, so keep an eye on the official Facebook page for the latest news!#octopathcotc #オクトラ大陸の覇者https://t.co/S0OlifhWz6 pic.twitter.com/2wPwNMJbhT— オクトパストラベラー 大陸の覇者【公式】 (@OCTOPATH_SP) February 8, 2022