Actualidade Chega o inverno. Principais lanzamentos de novembro

Chega o inverno. Principais lanzamentos de novembro

Chove e vai frío. Pouco a pouco acábase o ano e nós seguimos pegados ás pantallas, gozando dos últimos lanzamentos para PC e consolas.

Se Red Dead Redemption 2 conseguiu ser o gran protagonista de outubro, novembro é un mes con varios nomes propios á hora de reclamar a atención dos xogadores. Que destacar? Sen dúbida a chegada do novo Fallout 76 de Bethesda ou o lanzamento de Battlefield V. Ollo, porque tamén poderemos gozar coa volta do dragón morado Spyro, de Darksiders 3 e da chegada de varios títulos de interese para Switch coma son Civilization VI, Pokemon Let’s Go Pikachu / Eevee e o popular Warframe.

Non hai que esquecer ao xogo de cartas de Valve baseado no seu exitoso Dota 2, Artifact. Algúns afortunados xa levan semanas aprendendo as estratexias e o funcionamento dun título chamado a competir cos grandes do xénero, coma pode ser o propio Hearthstone. Non é ningún segredo o agarimo co que Valve traballa os seus xogos nin os recursos que destina a eles: xa hai anunciado un torneo global cun millón de dólares en premios.

Xogo Plataforma Data de lanzamento
The Quiet Man PS4, PC 1 de novembro
Diablo III: Eternal Collection Switch 2 de novembro
Déraciné PSVR 6 de novembro
Overkill’s The Walking Dead PS4, Xbox One, PC 6 de novembro
World of Final Fantasy Maxima Xbox One, Switch 6 de novembro
Ride 3 PS4, Xbox One, PC 8 de novembro
Hitman 2 PS4, Xbox One, PC 13 de novembro
SNK 40th Anniversary Collection Switch 13 de novembro
Spyro Reignited Trilogy PS4, Xbox One 13 de novembro
Fallout 76 PS4, Xbox One, PC 14 de novembro
Underworld Ascendant PC 15 de novembro
Civilization VI Switch 16 de novembro
Pokémon Let’s Go Pikachu/Let’s Go Eevee Switch 16 de novembro
Battlefield V PS4, Xbox One, PC 20 de novembro
Warframe Switch 20 de novembro
Wreckfest PS4, Xbox One 20 de novembro
Darksiders 3 PS4, Xbox One, PC 27 de novembro
Artifact PC 28 de novembro
Katamari Damacy Reroll Switch, PC 30 de novembro

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

2Comentarios
    • Pastel de Carne
    • En: 11 de Novembro de 2018

    ¿Qué sabemos do Artifact? Vais ser digno de competir?
    Valve fai tempo que non lanza nada emocionante…

    Responder
    • Carlos Pereiro

      A Beta leva un mes xa funcionando.

      Eu, de Valve, agardo sempre grandes cousas. Ademais, está Richard Garfield detrás do xogo, a mente pensante das Magic.

      Non sei se lle quitará mercado a Hearthstone ou creará un novo. Tamén hai que ver como funciona o tema de adquisición de cartas (poden cambiarse no mercado de Steam) e ata que punto afecta a iso ao xogo (Pay to win?, oxalá que non).

      Nas últimas semanas algúns YouTubers xa subiron en castelán gameplays explicando as regras básicas por se tes máis interese. Pode que tamén fagamos algunha reportaxe na páxina.

      Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *