Chega o pesadelo antes da tempestade a Fortnite

A escuridade será máis densa que nunca na illa de Fortnite. O Samaín está moi preto e os xogadores vivirán o terror desta época nas súas propias carnes. Xa o din en Epic Games: “Resgárdate nas sombras para asustar aos teus rivais e faite coa vitoria maxistral”.
Que novidades trae a actualización desta semana no seu modo Battle Royale? A continuación detallamos o argumento que envolverá nos próximos días as partidas que botedes.
O cubo abriu unha porta de entrada para unhas criaturas que os xogadores deberán combater mentres loitan por sobrevivir. Por sorte, tamén chegarán novas armas para facerlles fronte: o revólver de seis balas e a bésta do cazademos.
Tamén chega a opción de vestir a indumentaria Disparo Mortal, que terá dous estilos distintos segundo o dano que lle causemos aos inimigos, xunto co tempo que resistamos vivos durante a partida. Inclúe a mochila Cubo cativo. Na tenda estará dispoñible para a sua compra o pico Fragmento escuro.
Aquí tendes tamén, os desafíos do evento:
- Destruír os monstros do cubo
- Inflixir dano a monstros do cubo con fusís de asalto ou pistola
- Visitar unha zona corrupta en partidas distintas
- Bailar diante de gárgolas
Fixéchelos todos? Pois gañarás o ala delta Locomotora escura.